A Deputación da Coruña convoca un certame para albumes dotado con seis mil euros de premio

Preparados, listos... álbum!

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Aqueles autores galegos que teñan albumes de BD ou novelas gráficas xa rematadas ou que están a piques de rematalas teñen agora unha oportunidade para sacar esas obras á luz. A Deputación da Coruña acaba de convocar o certame Castelao de BD, que premia este tipo de obras, con entre corenta e oito e sesenta e catro páxinas, con seis mil euros. Poden presentar ata o final de maio as súas obras en galego autores de calquera nacionalidade, cun máximos de dous por obra. O certame, que conta coa participación de Miguelanxo Prado no xurado, dará a coñecer o seu gañador na vindeira edición de “Viñetas desde o Atlántico” e prevé a publicación da obra premiada.

Máis información no web da Deputación da Coruña

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación da Coruña, Miguelanxo Prado, Castelao, Viñetas desde o Atlántico...