Coñécense as bases da terceira edición do Premio Castelao de Banda Deseñada

Castelao III

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Ábrese a veda para que os nosos autores se lancen a participar nunha nova edición do Premio Castelao de BD. A Deputación da Coruña ten xa dispoñible no seu web as bases deste certame, dotado con 6.500 euros. Poderán presentarse traballos de entre 48 e 64 páxinas, en galego, e cun tamaño máximo dun folio A3. O prazo remata o 31 de maio, e ademais de comprometerse á edición da obra gañadora, a organización prevé montar unha exposición cos orixinais premiados.

As bases no web da Deputación da Coruña; máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Deputación da Coruña, Premio Castelao de Banda Deseñada, Culturagalega