O Premio Castelao de banda deseñada cumpre dez anos

O prazo para se presentar ao galardón está aberto ata o vindeiro 6 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

A Deputación da Coruña acaba de convocar a décima edición do Premio Castelao de Banda Deseñada. O Boletín Oficial da Provincia recolle as bases desta edición, que establecen un único premio de 6.500 euros e a publicación de obra a cargo da Deputación. Os interesados en participar teñen ata o vindeiro 6 de abril para presentar traballos dunha extensión mínima de 48 páxinas, escritas en lingua galega, inéditas e que non fosen premiadas en ningún outro certame.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Premio Castelao de Banda Deseñada, Lingua galega, Deputación da Coruña