AGPI denuncia o abandono da BD e da Ilustración por parte do goberno

Nunha carta aberta denuncian os recortes nas medidas de apoio ao sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
AGPI denuncia o abandono da BD e da Ilustración por parte do goberno

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración acaba de facer pública unha carta aberta na que denuncia o "esquecemento e desatención que está a sufrir o medio gráfico". Entre outras cuestións o colectivo sinala que non se chegaron a investir os 600.000 euros anunciados publicamente para apoiar a banda deseñada desde a Consellaría de Cultura en 2010. Ao tempo, tamén sinalan a ausencia na convocatoria das bolsas de apoio á creación de BD este ano. Do mesmo xeito, tampouco se convocou nesta altura do ano o Xuventude Crea, cunha categoría específica dedicada á novena arte. Para alén, sinalan os efectos que a suspensión das axudas ás actividades culturais de asociacións pode ter no sector, e deploran a posibilidade de que o Premio Castelao pase a ser bienal. A asociación considera que "todas estas desatencións están a depauperar considerablemente o xa exiguo caldo de cultivo da creación gráfica en Galicia".

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGPI, Castelao, Asociacións, Banda deseñada...