A rede de Bibliotecas da Coruña recibe o Premio Ourense de Banda Deseñada polas súas actividades

O galardón entregarase no acto de inauguración das XX Xornadas de Cómic

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Hai catro anos, Fátima Elías e Iván Serrano iniciaron na Coruña un programa de divulgación da banda deseñada que foi paralelo ás propias actividades da rede municipal de bibliotecas. Talleres, conferencias, un blog (fancomic.es), información das novidades editoriais e o servizo de novas mediante SMS foron algunhas das iniciativas desenvolvidas neste xénero e polas que a Casa de Xuventude e o concello de Ourense lle acaban de conceder o Premio Ourense de BD. Trátase do único galardón desta categoría en Galicia que se entregará o primeiro de outubro, no acto de inauguración das vixésimas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Bibliotecas, A Coruña, Cómic...