A revista Retranca recibe o Premio Ourense de Banda Deseñada

Será entregado en outubro nas Xornadas de BD organizadas pola Casa da Xuventude

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A revista Retranca recibe o Premio Ourense de Banda Deseñada

A Casa da Xuventude de Ourense concedeu o Premio Ourense de Banda Deseñada -o premio máis veterano de Galicia- á revista Retranca, dirixida por Kiko da Silva. Retranca é unha revista de humor galego que cumprirá en breve tres anos de vida, e ten como obxectivo: "facer humor gráfico sen censura e politicamente incorrecto". Na actualidade, ten periodicidade bimestral. A entrega do premio farase en outubro, no transcurso das anuais Xornadas da Banda Deseñada que organiza a Casa da Xuventude.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Retranca, Xuventude, Humor...