As Xornadas de BD de Ourense entregan sábado os seus premios

O novo número de O Fanzine das Xornadas xa está dispoñible na rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de O Fanzine das Xornadas número 22

Capa de O Fanzine das Xornadas número 22

As XXII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense mudaron a data na que se entregarán os tradicionais premios. A Casa da Xuventude acolle sábado ás 12 horas a entrega do Premio Ourense á mellor iniciativa do ano no campo da Banda Deseñada, á revista Retranca. Pola súa banda, a entrega dos premios do certame Xuventude Crea 2010 atrásase ata as 17 horas do día 22. O gañadores destes galardóns son José Domingo Usted, coa obra Robot xigante levará os 3.000 euros do primeiro premio. Pola súa banda, Diego Blanco recibirá 1.500 euros por O Humor de Mr.T, mentres Miguel Cuba Taboada, terá os 1.000 euros do terceiro premio pola obra Ombre Umbre. Ademais, xa está dispoñible no web do evento a nova edición de O Fanzine das Xornadas, con información sobre o evento, artigos e historias inéditas.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Xuventude, Banda deseñada, Diego Blanco...

Claves

Protagonistas
Lugares