Un foro analiza o potencial turístico e económico das infraestruturas culturais

A cita terá lugar entre o 8 e o 10 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Primeiro acolleu un encontro de artistas novos, para potenciar a súa creatividade e que coñeceran as infraestruturas do país e as súas posibilidades. Agora, a Fundación Cidade da Cultura e a Consellaría da Cultura poñen en marcha outro foro pero destinado a coñecer o papel dos escenarios culturais. Chámase Espazos para a cultura e pretende, da man dos responsables de coñecidos centros de todo o mundo (do MoMA de Nova York, o IRCAM Pompidou de París ou a Biblioteca de Alexandría), analizar o potencial de desenvolvemento económico e turístico das infraestruturas culturais. A cita terá lugar entre o 8 e o 10 de novembro na Cidade da Cultura. O foro conta con 100 prazas (80 para profesionais e 20 para estudantes) e custa entre 50 e 80 euros.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A primeira división

A primeira división

A maioría dos grandes centros culturais cobran pola entrada ás súas actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Nova York, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Lugares