A principios de novembro, a Cidade da Cultura acolleu un foro no que representantes dos centros máis prestixiosos do mundo acudían para explicar o seu modelo, os logros e os retos de futuro. O MOMA de Nova York, o Barbican, La Casa Encendida
foron algúns dos modelos que se expuxeron. Á marxe das conclusións dese foro, comparamos algúns deses centros para buscar semellanzas e diferenzas nos modelos.
A Cidade da Cultura, o Centro Niemeyer, o MOMA, La Casa Encendida, A Fundaçaon Calouste Gulbenkian, o RCAM, o Smithsonian, o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona ou o Guggeheim teñen comparten como único denominador común que se dedican á cultura en sentido amplo. Algúns de xeito especializado como é o RCAM, un centro de investigación musical ao amparo do Museo Pompidou, e outros de xeito máis diversificado como é o Smithsonian, un macrocomplexo de 19 museos e galerías que inclúe ata o parque zoolóxico nacional. Teñen outra semellanza común que é o feito de cobrar entrada polas actividades nas que se desenvolven, aínda que os prezos e o número de actividades de pagamento varían tamén bastante en función dos centros. A partir de aí, todo son diferenzas que van tanto desde o modelo de xestión, financiamento como do tipo de actividades que albergan nuns edificios de elevado custo e gran proxección internacional.
Xestión do público ao privado
Alén das diferenzas do modelo cultural europeo fronte ao americano (os europeos financiados na súa totalidade ou en parte con fondos públicos, mentres que os americanos son entidades privadas con mención de utilidade pública), algúns dos principais centros culturais do mundo contan con orzamentos avultados para a realización das súas actividades. O orzamento máis elevado de todos é o do Smithsonian, que conta con máis de seiscentos millóns de euros para xestionar un complexo dunha vintena de entidades espalladas por todo os EEUU. Unha amplitude de funcionamento á que se pode achegar a Fundacion Calouste Gulbenkian, fundada en 1956 e que conta con orquestra, unha compañía de ballet, salas de espectáculos, bibliotecas, un museo Calouste Gulbenkian (con preto de 6.000 pezas) e un Centro Moderno de Arte. Todas estas entidades tiveron neste 2011 un orzamento cercano aos 95 millóns de euros.
Lonxe destas cifras está o cuestionado Centro Niemeyer que, segundo o goberno de Asturias conta con 4.34 millóns (2.1 achegado polo Principado) mentres que o director do centro, Natalio Grueso, asegura que o orzamento que contou para este ano é de 1.1 millóns de euros. No modelo europeo todos os centros contan cunha fundación para a organización de actividades e conseguir financiamento privado, aínda que as maiores sumas dos seus orzamentos son públicos. Acontece no Niemeyer pero tamén no RCAM francés, no CCCB ou na Cidade da Cultura. En canto as figuras de xestión, uns teñens padroados, outros consellos asesores de carácter internacional (no listado de asesores do Niemeyer destacan desde o premio Nóbel de Literatura Wole Soyinka ata o actor Brad Pitt pasando polo científico Stephen Hawking). Por último, neste achegamento a centros de carácter cultural destaca o modelo de La Casa Encendida, que é un centro social e cultural que depende da Obra Social da entidade CajaMadrid e que con cinco millóns de euros é un dos maiores dinamizadores culturais da capital do Estado.
Como manexan orzamentos moi diferenciados, o volume de actividades é tamén moi diferente. E, por consecuencia, tamén o é o de visitantes. Segundo explicou Roberto Varela, conselleiro de Cultura no marco dunha comparecencia parlamentaria a Cidade da Cultura tivo neste 2011, uns 200.000 visitantes. E a cifra máis baixa dos centros culturais analizados, moi por detrás doutros próximos como pode ser o Niemeyer (400.000 visitantes e 53.186 entradas vendida), o Guggenheim (956.417 en 2010) ou o CCCB (103.000). Se abrimos o foco e revisamos outras cifras a fenda é notoria. O Smithsonian ten 29 millóns de visitantes ao ano, o MOMA 2.5 millóns, os dous museos da Fundación Calouste Gulbenkian rondan os 300.000 visitantes.
A investigación
Alén de ser entidades de naturaleza diferente (uns públicos, outros privados e outros cun sistema mixto), existe outra particularidade notoria entre todos aqueles centros que xestionan tanto un orzamento como un número de actividades elevado, teñen na investigación un dos seus polos principais de traballo. Ata tal punto, que xeneran beneficio desas liñas de investigación. O RCCAM, centro asociado ao Museo Pompidou, ten unha achega destacada das súas vías de financiamento, a cargo da investigación. Non é o único caso, o labor da Fundación Gulbenkian trascende o labor museístico e ten, alén dun programa de bolsas e subvencións apra promover os novos valores creativos portugueses, unha innovadora rede para financiar e desenvolver estudos punteiros no ámbito da ciencia. O MOMA ou Smithsonian son outras entidades que tamén teñen moi desenvolvido este campo tanto para a investigacion aplicada como para o financiamento das súas actividades.
Non existe un único modelo cultural, senón que cada un está enraizado no contexto económico financiero, no contorno no que desenvolve a súas actividades e na orixe e finalidade última do centro que sempre xenera unha grande afluencia de público.
Grandes centros culturais do mundo: unha táboa comparativa.A Cidade da Cultura, o Centro Niemeyer, o MOMA, La Casa Encendida, A Fundaçaon Calouste Gulbenkian, o RCAM, o Smithsonian, o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona ou o Guggeheim teñen comparten como único denominador común que se dedican á cultura en sentido amplo. Algúns de xeito especializado como é o RCAM, un centro de investigación musical ao amparo do Museo Pompidou, e outros de xeito máis diversificado como é o Smithsonian, un macrocomplexo de 19 museos e galerías que inclúe ata o parque zoolóxico nacional. Teñen outra semellanza común que é o feito de cobrar entrada polas actividades nas que se desenvolven, aínda que os prezos e o número de actividades de pagamento varían tamén bastante en función dos centros. A partir de aí, todo son diferenzas que van tanto desde o modelo de xestión, financiamento como do tipo de actividades que albergan nuns edificios de elevado custo e gran proxección internacional.