Os responsables de centros museísticos de primeiro nivel explican no Gaiás as súas fórmulas

O director da Biblioteca de Alexandría cancelou a sua asistencia polas folgas e protestas en Exipto

8/11/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
25 lecturas | Compartido 0 veces

“Os centros culturais teñen reservado un rol moi importante no novo século” asegurou Roberto Varela na apertura do o “I Foro Internacional de Espazos para a cultura” que organiza a Fundación Cidade da Cultura. Entre os cometidos deste encontro figura o de crear e consolidar o complexo do Gaiás como un escenario de “intercambio” que propoña estratexias de actuación acordes co contexto e, ao mesmo tempo, dar a coñecer outras realidades das grandes infraestruturas culturais, chamadas a ser xeradores de desenvolvemento económico. Cargos directivos de centros como o MOMA, o Centro Niemeyer, La Casa Encendida, a Fundação Calouste Gulbenkian de Lisboa ou o IRCAM estarán presentes desde hoxe na Cidade da Cultura para explicar os seus mecanismos de traballo. "Cómpre reivindicar o papel da cultura nun mundo globalizado" asegurou Alberto Núñez Feijóo, na inauguración do foro.


Universo culturagalega.gal

07/12/2011

A primeira división

A maioría dos grandes centros culturais cobran pola entrada ás súas actividades

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Exipto, Roberto Varela, Lisboa...