O encontro Lugares de cultura analizará as posibilidades dos equipamentos culturais

O congreso internacional celebrarase en Compostela entre o 21 e o 24 de xaneiro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento é o título do congreso internacional que acaban de convocar a Consellaría de Cultura e mais a Fundación Cidade de Cultura para o vindeiro mes de xaneiro. O encontro, segundo explica o web, quere analizar entre o 21 e o 24 deste mes as posibilidades para o desenvolvemento que achegan os equipamentos culturais. Cuestións coma o papel da arquitectura nestes complexos, o traballo en rede, a participación social ou a situación do Eixe Atlántico neste campo son algúns do ámbitos sobre os que se quere discutir no evento. A inscrición está aberta a un prezo de 90 euros, con descontos para estudantes e desempregados.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, Atlántico, Santiago de Compostela