A longametraxe cinematográfica de suspense Non me deixes en paz desenvolvida por Adivina Produccións encabeza a contÃa máis alta (275.639 euros) dos proxectos de produción e coprodución que recibirán axudas de AGADIC. O web da Axencia facÃa público a relación dos 25 proxectos que recibirán 2.900.000 euros. Entre as contÃas máis alta destaca Milhistorias a proposta de Continental para contar historias de violencia gratuÃta contra indixentes, inmigrantes a partir dos ollos de Daniel, un mozo galego de clase acomodada, que contará con 225.250 euros; ou a superprodución épica ambientada no ano 137 a.C, na chegada a Gallaecia do procónsul Décimo Junio Bruto -coñecido como Galaicus- e o seu comandante Máximo (recibe 244.688 euros), ou o filme que está a rodar Cuerda estes dÃas, Todo é silencio. Nos documentais haberá cintas para achegarse ás figuras de MarÃa Casares (Filmanova, 37.041 euros), David Cal (Pulsa Control, 27.818 euros) ou o pioneiro da fotografÃa José Gil (Produtora Faro Lérez, con 23.558 euros).