Agadic reparte entre 43 proxectos audiovisuais preto de cinco millóns de euros

Unha produción de animación recibe a achega máis alta con 370.300 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Documentais sobre Xelmírez, Os Tamara, María Soliña ou Javier Ozores; películas para teleivisión sobre Concepción Arenal e longametraxes cinematográficas que contan desde a historia dunba banda de bonecos de trapo (A tropa de Trapo na salva do arco da vella recibe a achega máis alta con 370.301,81 euros) ata un relato de Félix Rodríguez de la Fuente (Ángel de la Cruz dirixirá este proxecto con Perro Verde Films como produtora). Estas son as historias nas que traballan as produtoras galegas e que hoxe recibiron unha achega para a súa produción ou coprodución por parte de Agadic. Son preto de cinco millons de euros que financian (repartidos en catro anualidades) 13 longametraxes, 23 documentais e 7 películas para teleivisión.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documentais, Animación, Concepción Arenal, ARCO...