Dezaoito proxectos benefícianse das axudas a produción audiovisual

A adaptación cinematográfica da Esmorga recibe a contía máis alta con preto de 240.000 euros

A páxina web de Agadic acaba de facer pública listaxe de beneficiarios da única das liñas de axudas convocadas para o sector audiovisual ata o momento: a de produción ou coproducións audiovisuais. Un total de 18 proxectos recibirán os 2.878.390,83 desta convocatoria entre as categorías de longametraxes cinematográficas, opera prima, telefilmes ou os dous tipos de longametraxes documentais (de creación ou difusión cultural). Entre os títulos seleccionados figuran as adaptacións cinematográficas de A esmorga (por Vía Láctea Films, SL que recibe a contía máis alta con 334.369.75 euros) ou a banda deseñada Psiconautas (que recibiu en 2008 unha axuda a desenvolvemento de guión). Lobos Sucios, de Adivina Producciones ou Somos xente honrada de Vaca Films Studio SL son outros dos títulos beneficiarios de subvención.