Cultura inicia cun congreso a súa liña de traballo para novos creadores

O encontro desenvolverase do 4 ao 9 de setembro na Cidade da Cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Seis xornadas, centos de artistas novos e a Cidade da Cultura. Son os ingredientes do I Encontro de Artistas Novos. Cidade da Cultura de Galicia que se desenvolverá do 4 ao 9 de setembro. Unha iniciativa que permitirá a esa mocidade creativa aprender da man de artistas consagrados como Carles Congost, Victoria Diehl, Marina Núñez, José Luis Serzo ou Suso Fandiño. Roberto Varela, conselleiro explicou que este I Encontro de Artistas Novos forma parte dunha liña de actuación da Cidade da Cultura “dirixida a apoiar a formación dos novos artistas e xestores culturais, unha liña que se completará nos próximos meses coa convocatoria de diferentes bolsas para mellorar a formación e as posibilidades deste colectivo”.

Que che parece esta nova?
15 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Suso Fandiño, Cidade da Cultura de Galicia