A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) fixo pública a relación provisional de proxectos subvencionados para promover as industrias culturais. Esta convocatoria permitiralle a compañÃas como Viravolta facer O Arxina e o Felo, a Elefante Elegante facer Enredados ou a Teatro do Noroeste Coproducira con Chiripa o seu proxecto Piratas, que leva o importe máis alto da convocatoria con 60.000 euros. En total son 21 proxectos que verenos nos escenarios galegos nos vindeiros meses, repartidos entre empresas novas mais outras xa recoñecidas con espectáculos de pequeno e medio formato. Agora, queda pendente o trámite administrativo de que o Consello de Dirección de Agadic, que se reúne a vindeira semana que ratifique este listaxe puntuado polas diferentes comisión.
Esta resolución inclué tamén a as axudas ao programa Crédito Cultura (ao que se acollen 6 empresas); as subvencións a produción e promoción de traballos discográficos nos que o novo disco de Xoel López recibirá a máxima contÃa, con 14.000 euros); as subvencións á distribución (Súper 8 de Marta Pazos acada o importe máis salto coa xira da Rede Nacional de Teatros Alternativos); as subvencións a salas de teatro e artes escénicas de carácter privado (a Redenasa recibe 23.494.42 euros), e pecha o listaxe as subvencións á mellora técnica dos estudos de gración e de salas de música ao vivo (con case 20.000 euros).