Antes de setembro ten que haber un adxudicatario do concurso do Plan Director de Banda Larga de Galicia, que contará cunha aportación pública de 15 millóns de euros. A dÃa de hoxe só existe unha posibilidade, a empresa Telefónica, xa que as dúas propostas galegas (a de Tripla e a de Intermax) acaban de quedarse fóra por deficiencias no expediente de tramitación. Mentres as dúas empresas, ambas integrantes da Asociación de Operadores Galegos de Redes Sen FÃos de Banda Larga, solucionan as deficiencias, convocaron unha rolda de prensa para pedir que a “administración sexa obxectiva á hora de avaliar os proxectos” explicou Isidro Barco, responsable de Tripla, unha das empresas presentadas ao concurso. “Pola tecnoloxÃa implicada, polo prezo, pola calidade e polo número de postos de traballo, consideramos esiximos obxectividade á hora de resolver o concurso” explicou Roberto Valverde, presidente desta entidade constituÃda o pasado mes de xuño.