O Plan de Banda Larga reduce nun terzo os galegos sen acceso á rede

A Xunta fixo esta mañá balance dos primeiros nove meses deste programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

As novas infraestruturas que permiten acceder a Internet chegaron este ano a 250.000 novos galegos no marco do Plan de Banda Larga. A secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, presentou esta mañá os resultados dos primeiros noves meses de acción deste programa que, segundo ela, reduciu nun terzo o número de cidadáns que carecen de acceso a estas infraestruturas. Segundo explicou Pereira, o programa iniciouse nos lugares nos que existen máis dificultades para dispor de conexión á rede e continuará nos vindeiros meses.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)