Importante caída dos medios en papel en Galicia

Publícanse os primeiros resultados en 2015 de EXM

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Evolución de audiencia da prensa galega. Fonte: AVANTE Medios sobre EGM

Evolución de audiencia da prensa galega. Fonte: AVANTE Medios sobre EGM

O Estudo Xeral de Medios (EXM) publicou os primeiros datos de consumo de medios en 2015 e a consultora Avante fixo un desglose para os medios galegos que constata unha caída xeneralizada da prensa e a subida doutro tipo de medios. En concreto, os medios en papel caeron nestes primeiros meses de 2015 de xeito notable (os diarios, máis dun 7%, as revistas un 2,75% e os suplementos perden un 14%. Os únicos medios que suben (e non demasiado) son a televisión, Internet, exterior e o cine.

Nas radios, Cadena Dial gaña 46.000 oíntes e Radio Voz 34.000. As que rexistran perdas de oíntes están encabezadas pola Cadena 40(-54.000 oíntes), a Cadena Ser (-35.000 oíntes) e Europa FM (-31.000).

No ámbito da prensa, as caídas son case dramáticas. La Voz de Galicia perde 29.000 lectores, Faro de Vigo 22.000, o Marca 41.000 e El País 34.000. Só o Diario de Pontevedra e Sport suben, con 4.000 e 3.000 lectores respectivamente.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Cuestión de clase

Cuestión de clase

As estatísticas revelan as diferencias de clase económica no consumo de medios en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Cine, Faro de Vigo, Diario de Pontevedra...