A Xunta divide Galicia en doce áreas para a protección da paisaxe

A estratexia do goberno sobre esta cuestión desenvolverase ata o ano 2016

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, presentou onte a división de Galicia en 12 áreas coas que a Xunta pretende desenvolver a Estratexia Galega da Paisaxe ata o vindeiro 2016. A iniciativa prevé o desenvolvemento de instrumentos de protección, ordenación e xestión das paisaxes, estratexias de integración paisaxística e accións de sensibilización, formación e divulgación. A partir das áreas que se presentaron onte, o Goberno prevé elaborar catálogos e directrices sobre a paisaxe con vistas a favorecer boas prácticas neste sentido, centrándose nun primeiro momento en medidas para os núcleos rurais e para polígonos industriais e empresariais.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe

Claves

Conceptos