A seguir o desenvolvemento da Estratexia Galega da Paisaxe, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, anunciou onte no Parlamento as novas medidas que prevé desenvolver a Xunta neste ámbito. Entre as máis destacadas está a posta en marcha de dous proxectos piloto no que desenvolverán as normativas sobre paisaxe. Segundo explicou, sen concretar a localización destes espazos, "un dos cales se corresponderá cunha zona rural de valor paisaxÃstico, pero que se poida potenciar e mellorar, para o que se busca un ámbito no que concorran grandes valores culturais e naturais; e outro a unha zona urbana paisaxisticamente degradada por diferentes causas".
Ademais, adiantou a intención do seu departamento de potenciar os lugares de especial interese paisaxÃstico, "coa posta en valor de miradoiros de interese turÃstico e a creación da Rede de itinerarios de interese paisaxÃstico", cuxo borrador se presentará nos vindeiros meses. Entre os seguintes pasos a dar nesta liña, a conselleira adiantou que a nova Lei de Ordenación do Territorio chegará ao Parlamento este mesmo trimestre e lembrou que as Directrices de Paisaxe, xa aprobadas polo Consello da Xunta abriranse en breve á exposición pública, co fin de que poidan ser aprobadas antes de rematar este ano.