Comeza a aplicación da Estratexia da Paisaxe

Abre a exposición pública o Catálogo paisaxístico da comarca de Deza, primeiro dos 50 previstos

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se somete a exposición pública o Catálogo paisaxístico da comarca de Deza. Este documento supón o primeiro elaborado no marco da Estratexia de Paisaxe de Galicia, coa que o goberno pretende introducir este elemento na ordenación do noso territorio. Os interesados dispoñen agora dun prazo de dous meses para presentar alegacións ao proxecto. Segundo sinala o web da Xunta, o plan proposto afecta a "amplas extensións dos concellos de Dozón, Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces, así coma espazos concretos de Antas de Ulla, San Cristovo de Cea, Forcarei, O Irixo e Piñor".

O do Deza é o primeiro dos 50 catálogos que se prevén realizar no marco desta estratexia, que divide o país en 12 áreas paisaxísticas. A partir destes catálogos desenvolverase medidas de protección, divulgación e xestión das áras afectadas.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A cultura na paisaxe

A cultura na paisaxe

O Catálogo da paisaxe do Deza permítenos coñecer polo miúdo elementos culturais desta comarca

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Paisaxe, Deza, Forcarei, Ulla...