Dosier: Patrimonio eclesiástico

O fiscal superior de Galicia propón unha batería de medidas para protexer estes bens

O encontro que mantiveron onte o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o arcebispo Xulián Barrio e mais o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela deu nunha serie de propostas para protexer o patrimonio eclesiástico. O fiscal presentou na xuntanza o informe Igrexa segura-patrimonio protexido, no que sinala a necesidade elaborar un inventario do arte sacro en mans da igrexa. Ademais, reclama a elaboración dun manual de seguridade básico e a realización en todas as parroquias dun cuestionario de avalición de riscos para os bens que custodian. A formación de párrocos e relixiosos e a colaboración de voluntarios para vixiar este patrimonio son outras das propostas da Fiscalía. Coñece máis sobre o patrimonio eclesiástico no noso dosier.

A reportaxe sobre a desaparición do Códice Calixtino
A desaparición dunha carta fundacional

O infográfico que explica o Códice
A xoia do Camiño de Santiago

O noso tema sobre a situación do patrimonio eclesiástico
A conservación do Patrimonio Eclesiástico supón un reto fundamental para a nosa cultura

O traballo de recuperación do Bispado de Ourense
A implicación dos veciños revélase clave para recuperar o patrimonio eclesiástico no rural

O noso tema sobre os empregos dos mosteiros
Desde aloxamentos a centros culturais, os mosteiros galegos adoptan todo tipo de funcións para sobrevivir

O noso mapa sobre a recuperación de mosteiros
Toda unha serie de mosteiros afrontarán este 2008 obras de recuperación

A recuperación de casas reitorais
Diferentes alternativas permiten a recuperación das casas rectorais como establecementos turísticos

Reportaxe sobre a descuberta de pinturas murais nos templos galegos.
As pinturas murais descubertas en igrexas nos últimos anos revelan un importante patrimonio artístico no Renacemento e no Barroco