Exhibir o mensaxeiro

María Marco propón un percorrido por Atalaia buscando as relación dos artistas cos obxectos

26/7/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Rubén Santiago. Statement 0. Botar a casa pola ventá (2005)

Hai artistas que se relacionan dun xeito moi peculiar cos obxectos que se insiren nas súas obras. E sobre esa relación afonda María Marco. Baixo o título de Metaobxectual, propón un roteiros por artistas e obras que conforman Atalaia.

“A arte está destianda a ser un obxecto de pensamentos” dixo Hegel. E esta cita do coñecido filósofo inspirou a María Marco, participante no Mestrado de Arte da Universidade de Santiago, a buscar como os artistas se relacionan cos obxectos. Baixo o título de Metaobxectual propón un percorrido por obras de artistas como Rubén Santiago, Fernando Casaás, Carme Nogueira ou Ángela de la Cruz.

Atalaia é o centro de recursos para coñecer aos artistas, as obras, os eventos, as publicacións e as entidades vinculadas á arte contemporánea en Galicia que mantén desde hai un ano Culturagalega.org. O proxecto está coordinado pola Sección de Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega e propon a críticos, profesionais e estudantes de arte contemporánea un percorrido guiado polo catálogo que está na rede, para redescubrir as obras dos artistas.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

10/01/2011

A vida secreta das obras

Ania González busca a experiencia persoal dos artistas nun percorrido por Atalaia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Marco, Atalaia, Carme Nogueira, Artes Visuais...