Novas na Atalaia: María Xosé Díaz e Mónica Cabo

Iniciamos os luns de arte

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Constelación del mar, de María Xosé Díaz e BDGU. Técnicas de sumisión en espacio público, de Mónica Cabo

Constelación del mar, de María Xosé Díaz e BDGU. Técnicas de sumisión en espacio público, de Mónica Cabo

Atalaia, o catálogo en liña da arte contemporánea galega que elabora a sección de Creación e Artes Visuais Contemporáneas do Consello da Cultura Galega en colaboración con culturagalega.org, está continuamente renovándose. Os luns iremos presentándote as novas artistas que se incorporan á base de datos de Atalaia, para que coñezas o seu traballo e perspectiva. Desta volta, presentamos a María Xosé Díaz e a Mónica Cabo.

María Xosé Díaz (Catoira, 1959) vive e traballa en Teo e no Rincón de la Vitoria (Málaga). Durante os últimos trinta anos desenvolveu unha intensa actividade plástica investigadora no ámbito do debuxo, cerámica, escultura, instalacións e intervencións de espazos específicos. Segundo os críticos, é un exemplo singular no panorama artístico.

"María Xosé Díaz traballa cunha estética do mínimo, en grao sumo sinxelo e aí reside gran parte da súa grandeza (...) A súa escultura ten o fundamento na xeometría e o constructivismo sen ser, en absoluto, fría nin estar relacionada co minimalismo."

Mónica Cabo (Oviedo, 1978) e licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e traballa esencialmente escultura e instalación. "Creo que a torpeza é o que ven marcando os meas proxectos, a incapacidade de seguir unha liña recta durante horas, sen cambalear sen botar un pé fóra ou metelo dentro deses dous espazos que separan esa fina liña".

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Olladas de xénero

Olladas de xénero

Dúas artistas exploran o catálogo de Atalaia propoñendo itinerarios

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atalaia, Artes Visuais, Culturagalega, Consello da Cultura Galega...