O cotián fóra do contexto

Wilfredo Prieto propón no MARCO unha revisión humorística de obxectos comúns

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O cotián fóra do contexto

É a súa liña de traballo habitual. Coller obxectos cotiás, do día a día, e colocalos sen ningún tipo de manipulación, noutros espazos. Cobran así un novo significado cos que Wilfredo Prieto (Sancti-Spiritus, Cuba, 1978) se converte nun artista que emprega os xestos ou obxectos máis simples para sorprender ao público. A exposición insírese dentro da liña de traballo Entrar na obra, coa que o MARCO pon o acento no público, no visitante ou no espectador na súa relación coa obra. Baixo o título Esquerda/Dereita, Wilfredo Prieto alude á simetría do espazo no que está a súa intervención ata o vindeiro 5 de xuño.

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Onde habita a memoria

Onde habita a memoria

Un proxecto artístico indaga nas lembranzas que evocan os obxectos cotiás

Exhibir o mensaxeiro

Exhibir o mensaxeiro

María Marco propón un percorrido por Atalaia buscando as relación dos artistas cos obxectos

Miradas que integran

Miradas que integran

O MARCO inaugura unha serie de exposicións que converten ao espectador nunha parte máis da obra artística

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuba, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)