O MARCO indagará na reacción do público ante a obra dos artistas e traerá a Martin Creed

Unha das exposicións programadas, Proxecto Hotel, estaba prevista para 2010

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Gañou en 2001 o premio Turner e un dos artista conceptuais máis destacados do Reino Unido. Martin Creed protagoniza unha das exposición previstas polo MARCO para 2011, ao desenvolver un proxecto específico a partir da disposición panóptica da pranta baixa. Canda esta, destaca Entrar na obra, un ciclo de exposicións que pretenden afondar na obra a partir da reacción que provoca no espectador. Loreto Martínez Troncoso e Wilfredo Prieto serán os artistas que abran este ciclo. Entre os avances facilitados polo MARCO para este semestre, figura Proxecto Hotel, iniciativa proposta para 2010 que por problemas orzamentarios se adiou ata abril de 2011 e que pretende converter o MARCO nunha habitación de hotel á que están convidados comisarios, artistas e investigadores.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Miradas que integran

Miradas que integran

O MARCO inaugura unha serie de exposicións que converten ao espectador nunha parte máis da obra artística

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Exposicións, Reino Unido, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)