Un convenio permite dixitalizar quince anos da memoria audiovisual recente do país

Catalogará e dixitalizará os fondos de RTVE-G entre 1971 e 1986

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Son 4.564 latas de cine que contén a memoria visual de Galicia entre 1971 e 1986, é dicir, dos últimos anos do franquismo e os primeiros anos da democracia. Un material que agora se catalogará e dixitalizará grazas a un acordo a catro bandas (Consello da Cultura, Secretaría Xeral de Medios, Fundación Cidade da Cultura e a Corporación RTVE) que se asinou hoxe coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Non hai prazos establecidos para fixar a elaboración deste traballo que recupera quince anos de imaxes, entrevistas e demais materiais que preservan a imaxe audiovisual do país e entre as que hai reportaxes, entrevistas, documentación de actividades oficiais, paisaxes ata mobilizacións sociais.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con RTVE, Franquismo, Cine, Cidade da Cultura de Galicia...