Un acordo co Concello da Coruña permitirá que o Consello da Cultura Galega dixitalice os fondos sonoros da Biblioteca Ramiro Cartelle. O material consta de 331 gravacións conservadas por este intelectual e músico que serán agora vertidas ao novo formato polo Arquivo Sonoro de Galicia. No mesmo, inclúense edicións en disco de música galega, asà como gravacións feitas polo propio Cartelle de concertos que se realizaron na Coruña nos anos 70 e 80 do pasado século. Entre os casetes e bovinas deste legado, atópanse tamén programas radiofónicos e unha serie de entrevistas realizadas por el.
Logo dos seis meses en que se procederá á dixitalización do material, o mesmo voltará á Biblioteca de Estudos Locais da Cidade Herculina, onde estará accesible no novo formato.
De xeito paralelo, o Consello da Cultura recibÃa o pasado venres, da man da Federación de Asociacións da Prensa de Galicia, a gravación dun discurso que impartiu ValentÃn Paz Andrade no Pazo de Fonseca de Santiago con motivo da creación desta entidade, o 10 de xullo de 1984. A gravación pasará asimesmo aos fondos do Arquivo Sonoro de Galicia.