O CCG dixitaliza o semanario A Nosa Terra

Xa están dispoñibles os primeiros 26 números

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
O CCG dixitaliza o semanario A Nosa Terra

É imposible non ficar hipnotizado ao comezar a explorar a colección de A Nosa Terra no web do Consello da Cultura Galega. Porque alí están moitos temas que aínda hoxe están presentes no debate público. Hoxe xa se poden consultar en liña os primeiros 26 números, en virtude dun convenio entre a institución pública e a Fundación A Nosa Terra que asinaron hoxe pola mañá Rosario Álvarez, presidenta do CCG e Afonso Eiré, presidente da Fundación. O acordo inclúe a dixitalización e difusión do fondo histórico do semanario, un dos medios fundamentais para comprender a transición e os inicios da autonomía galega. Unha inxente cantidade de material con entrevistas a persoeiros destacados, mobilizacións sociais ou as tendencias da nosa cultura.

Para Rosario Álvarez, presidenta do CCG, “o noso pasado máis recente é unha parte moi importante do patrimonio cultural. A produción xornalística das últimas décadas e acompañou á Autonomía é un patrimonio que podemos conservar e preservar. Non só para os investigadores actuais senón tamén para xeracións futuras”. Segundo Alfonso Eiré, presidente da Fundación A nosa terra, “o semanario supuxo un xeito novo de facer xornalismo e tratar temas que ata o momento eran marxinais na prensa, coma os sociais, o ecoloxismo, o feminismo, o traballo ou os deportes. Neste periodo se producen moitos cambios sociais e políticos e cuestións que continúan ata hoxe, como a recuperación da memoria histórica”.

Os fondos iranse incorporando gradualmente no web do CCG. Xa están dispoñibles para a súa consulta os primeiros 26 números.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Nosa Terra, Rosario Álvarez, Consello da Cultura Galega, Xornalismo...