
Dólmenes que formarán parte do Parque Arqueolóxico da Costa da Morte
Ver os dólmenes do Parque Arqueolóxico do Megalitismo na Costa da Morte nun mapa máis grande
A semana pasada o Diario Oficial de Galicia publicaba a Declaración Oficial de Impacto Ambiental do Parque Arqueolóxico do Megalitismo na Costa da Morte, un dos catro que conformarán a rede de Parques Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. O proxecto do Parque do Megalitismo, que custará 4 millóns de euros (previsión de 2010) permitirá a musealización e coordinación de visitas de quince sitios prehistóricos da Costa da Morte. Cada un deles contará con aparcadoiros, sinalización e paneis informativos, mobiliario e apertura de sendeiros e consolidación de noiros.