No ano 2003 o Consello da Xunta aprobou o proxecto do Parque do Megalitismo, cun investimento de 4,5 millóns de euros, un dos que integrarÃan a Rede do Patrimonio Arqueolóxico que deu lugar a outros centros coma o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro ou o Centro de Interpretación da Cultura Castrexa de San Cibrán de Lás. Sen embargo, o Parque do Megalitismo non se chegou a materializar nunca, malia as numerosas protestas dos alcaldes dos concellos da Costa da Morte e interior da provincia da Coruña incluÃdos no proxecto. Onte, a Deputación da Coruña presentou un proxecto de creación dunha "mancomunidade de impulso da área patrimonial do Parque do Megalitismo no que se investirán medio millón de euros para a execución dunha parte do Plan Director", en referencia ao trazado no seu momento pola Xunta de Galicia. O obxectivo, segundo a entidade provincial, é "o plan de divulgación, a mellora de accesibilidade aos túmulos e da sinalización ou a compra de terreos en que se atopan os monumentos arqueolóxicos". Xunto aos concellos de Malpica de Bergantiños, Carballo, Zas, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Dumbria, Corcubión, Mazaricos, a Deputación decidiu asociar tamén á Laracha e Ponteceso. Na reunión cos alcaldes dos once concellos, celebrada nas Torres do Allo, non participou a Xunta de Galicia.