Dosier: Parque do Megalitismo

A Xunta abre a porta ás expropiacións para facer o Parque do Megalitismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Pouco despois de ter aberto o Parque da Arte Rupestre de Campolameiro, e pendentes aínda de que bote a andar o da Cultura Castrexa en San Cibrán de Lás, a Xunta dá un novo paso para a realización do Parque do Megalitismo na Costa da Morte. A nova instalación da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico conta xa coa declaración de proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o que permitirá iniciar os traballos no vindeiro 2012. Con esta declaración poderán desenvolverse os procesos de expropiación necesarios para o proxecto. Precisamente o pasado día 26 a Deputación da Coruña aprobou iniciar traballos de restauración e escavación arqueolóxica do Dolmen de Dombate, un proxecto que se desenvolverá ao longo de sesenta días.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Deputación da Coruña, Costa da Morte, Culturagalega...