O Diario Oficial de Galicia publicaba onte a Declaración de Impacto Ambiental do futuro Parque Arqueolóxico do Megalitismo, que abranguerá quince monumentos deste tipo na Costa da Morte. A declaración apunta que como parte deste parque se desesnvolverán obras de sinalización,a pertura de sendeiros, construción de aparcadoiros e traballos de acondicionamento da contorna dos monumentos, asà como actuacións arqueolóxicas para faciliar as visitas e a restauración destes bens.
Entre outros, o proxecto afectará á Pedra Moura de Aldemunde, en Carballo, á Pedra da Arca, en Malpica, á Mina de Recesinde, en Vimianzo, ou á Pedra VixÃa de Zas. O Dolmen de Dombate tamén se incluirá no Parque, pero conta xa co seu propio Plan Director e non se inclúe nas medidas deste estudo.