Entre as grandes pedras do pasado

O Roteiro dos Dólmenes de Vimianzo achéganos ao rico megalitismo da Costa da Morte

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Entre as grandes pedras do pasado

Por causas que descoñecemos, a Costa da Morte concentra un numeroso grupo de megalitos, dólmenes prehistóricos erguidos hai máis de 5.000 anos. Por iso nun breve futuro a Costa da Morte acollerá o Parque do Megalitismo. Entrementres, este roteiro permite coñecer algúns dos exemplos máis representativos da arquitectura funeraria prehistórica.

O roteiro permite mergullarse non só nos monumentos prehistóricos, senón tamén en espazos lendarios que permiten comprender a relación entre o folclore tradicional e como reinterpretaba estes antigos espazos dolménicos. Deste xeito, a visita parte dun lugar entre Baio e Reparada, no concello de Vimianzo, e iníciase no Monte Torán, e continúa polos dólmenes de Pedra Cuberta, Pedra Moura, Pedra da Lebre, Arca da Piosa ou Pedra da Arca. É un fascinante itinerario que permite profundizar no mundo do megalitismo en Galicia.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Arquitectura, Moura...