AGADIC confirma a realización da Feira Galega de Teatro e Danza

Fasero reúnese coa nova directiva de Escena Galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Reunión AGADIC - Escena Galega. Foto: AGADIC

Reunión AGADIC - Escena Galega. Foto: AGADIC

O director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) reuniuse coa nova directiva de Escena Galega, a asociación que reúne ás compañías teatrais de Galicia, encabezada polo seu presidente Salvador del Río. Fasero confirmou a Escena Galega a realización dunha nova edición da Feira Galega de Teatro e Danza, pero “baixo un novo modelo organizativo e de xestión que resposte ás necesidades reais de difusión dos espectáculos producidos en Galicia”, en palabras de AGADIC, aínda que non se concretou nesta reunión en que consistiría. Pola súa banda, Escena Galega expresou a súa preocupación porque a Feira non baixe de catro días de duración, para dar cabida a todas as compañías que queren presentar espectáculos, e aceptou que se teñan que recortar custes, “pero sempre con carácter transitorio, e que non fiquen consolidados”, sinalou Salvador del Río. “Para nós é primordial que se manteña a Feira”, sinalou o presidente de Escena Galega, que manifestou a disposición da entidade a colaborar con AGADIC na definición do novo modelo de feira.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Escena Galega, Teatro, Danza...