Juan Rodríguez novo presidente da asociación de empresas teatrais

Escena Galega nomea socias de honra ás compañías Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Foto de grupo da Asemblea Xeral    Foto: Escena Galega

Foto de grupo da Asemblea Xeral Foto: Escena Galega

A asociación de compañías e produtoras profesionais de teatro de Galicia, Escena Galega, celebrou onte a súa primeira Asemblea Xeral do ano da que saíron cunha renovación na Xunta directiva e o recoñecemento honorífico a tres compañías relevantes. Juan Rodríguez, de Caramuxo Teatro, será dende agora o Presidente da asociación en substitución de Belén Pichel, de Contraproducións, que exerceu a máxima representación das empresas teatrais durante catro anos e medio. Ademais diso Escena Galega aproveitou a Asemblea para facer reflexións sobre as diversas liñas de traballo que mantén a asociación e enfocar a actividade e proxectos a desenvolver en 2020. A xuntanza rematou cun acto de homenaxes no que se procedeu a nomear como SOCIAS DE HONRA de Escena Galega ás compañías Teatro do Atlántico, Teatro do Noroeste e Teatro do Morcego (a Celso Parada, a título póstumo), un pequeno recoñecemento co que, segundo a asociación, queren "celebrar tanto a indubidable traxectoria profesional e artística destas compañías como o seu traballo na nosa asociación".

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Escena Galega, Teatro do Morcego, Teatro do Atlántico...