As Memorias das Memorias dun neno labrego abre a colaboración galega no Festlip

Trátase dun encontro de referencia no intercambio teatral na lusofonía

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

É un encontro teatral destacado en Río de Janeiro (Brasil), por iso é relevante a presenza galega por primeira vez. E o encargado de abrir esa colaboración será Cándido Pazó, co seu monólogo que revisita unha das obras de referencia da literatura galega Memorias dun neno labrego, preparada co gallo do cincuenta aniversario da publicacion da novela de Xosé Neira Vilas. A presenza de Pazó é posible grazas á colaboración entre Agadic e o Consello da Cultura Galega, que se insire dentro da súa liña de traballo en acción exterior. O Festlip abrirá as súas portas do 20 ao 30 de xullo.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lusofonía, Xosé Neira Vilas, Cándido Pazó, Literatura...