Numerosas actividades para celebrar o 50 aniversario da publicación de Memorias dun neno labrego

O concello da Estrada organiza un acto de homenaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Superou os 600.000 exemplares editados, cumpre 50 anos e é unha das obras de referencia da literatura galega. Tal día como hoxe saía do prelo a primeira edición de Memorias dun neno labrego e o concello da Estrada quere aproveitar a efeméride para homenaxear ao seu autor, Xosé Neira Vilas, nun acto que botará a andar ás 11 da mañá no Museo do Moble desta localidade. Esta data tamén servirá para que Galaxia poña na rúa a primeira das dúas reedicións da novela que publicará este ano. Non será a única editora, xa que Ir Indo, prepara outra a cargo de Avelino Muleiro que incorporará 93 artigos centrados na novela. Ademais, Museo de Pontevedra e a Dirección xeral do Libro organizarán neste 2011 senllas exposicións a raíz desta novela.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Estrada, Xosé Neira Vilas, Literatura, Exposicións...