Un Balbino de apelido Pazó

Candido Pazó recorre ao recordo colectivo para interpretar as Memorias dun neno labrego

27/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatro
39 lecturas | Compartido 0 veces

Detalle dun momento do espectáculo

Non é unha adaptación ao pé da letra, senón máis ben “un monólogo escénico-narrativo baseado nas memorias dun neno labrego desde a miña propia memoria e desde a memoria colectiva” explica Cándido Pazó. Por íso, o seu último espectáculo chámase "Memoria das Memorias dun Neno Labrego", co que se suma ás múltiples actividades celebración do cincuenta aniversario da primeira publicación da obra. Fiel ao seu estilo, Pazó incorpora sentimentos anécdotas e recordos de varias xeracións arredor da famosa novela, que adereza con música e, por primeira vez, proxeccións audiovisuais. O resultado poderá verse a partir de mañá no Salón Teatro de Santiago (venres e sábado ás 20:30 horas, domingo ás 18:00 horas).

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Conceptos