A asociación de actores adoptarán en setembro medidas de presión contra a política teatral

Os sindicatos denunciaron a Agadic pola contratación da obra Salomé

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Comezou sendo unha asamblea ordinaria para probar as contas e actualizar os estatutos, e acabou converténdose nun debate sobre o estado da cuestión do tecido teatral. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAG) anunciou que en setembro convocará unha asamblea co obxectivo de adpotar medidas de presión ante a situación de “inactividade” que vive o sector. Segundo publica Xornal, os actores están a elaborar, en colaboración cos profesionais do sector audiovisual, un programa de mínimos que lle presentarán ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. O obxectivo é conseguir que Feijoo os reciba, xa que a situación afecta a 3.000 postos de traballo entre todos os colectivos implicados.

A contratación do elenco de Salomé (produción propia do Centro Dramático Galego en 2010) incumpliu o convenio colectivo dos actores e actrices de Galicia. Así o aseguran os tres sindicatos maioritarios, que presentaron unha denuncia ante a Inspección de Traballo e Seguridade Social. Os representantes sindicais detectaron irregularidades nas retribucións económicas do protagonista, que é inferior ao que contempla o convenio.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Centro Dramático Galego, Seguridade Social, Axencia Galega das Industrias Culturais