Os actores tamén reflexionan sobre a crise nunha xornada

A sesión analizará a situacion do teatro e do audiovisual

26/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatroaudiovisual
20 lecturas | Compartido 0 veces
“Xornadas terapéuticas en busca dun tratamento eficaz”. Baixo este título tan gráfico, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAG) convoca unha xornada para falar de como lle afecta a crise aos actores. Terá lugar mañá mércores 27 e pola mañá analizarase a situación no teatro mentres que pola tarde se centrarán no sector audiovisual. A cita será no Consello da Cultura Galega onde a vindeira semana Escena Galega ten convocado a profesionais e analistas para abordar o mesmo tema pero enfocado só ao eido teatral.
Representantes de entidades como o Centro Dramático Galego, o Consorcio Audiovisual de Galicia, a Televisión de Galicia ou AGADIC participarán nesta xornada que rematará ás 20:30 no Pub Atlántico coa proxección da curtametraxe documetnal “Profesión Actor” do director Marcos Estebo.

Universo culturagalega.gal

17/08/2009

Sistemas de película

A situación estrutural e financeira afoga ás empresas do sector audiovisual galego

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego