Avaliar o cumprimento do Plan Galego das Artes Escénicas foi unha das demandas que a actores reclamaron onte no marco das Xornada Terapeuticas que convocaron co obxectivo de falar da situación da súa profesión. Foi unha sesión na que os actores non escatimaron queixas dirixidas principalmente á Agadic, no que as súas representantes (a director do CDG, Blanca Cendán e a responasble de programación, MarÃa Paredes) escoitaron coo a profesión lles criticou que non estiveran representados no Consello Asesor do Centro Dramático Galego, a redución de tres a dúas montaxes anuais por esta entidade e o recorte de fondos para as arte escénicas. Pero tamén houbo oco para a Escola Superior de Arte Dramática (ESAD), a quen lle acusaron de estar de costas á profesión. As xornadas estaban convocadas pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia que preside Antonio Durán, Morris.