Cultura renova o programa Espazos Sonoros que reduce notablemente o número de concertos

Unha fábrica de conservas e unha fortaleza medieval son os escenarios deste ciclo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Naceu coa filosofía de por en valor o patrimonio cultural, musical e organístico relevante a ritmo de concerto. A esencia permanece pero das 88 citas que chegou a ter este ciclo, neta cuarta edición só haberá 27. Mosteiros, unha antiga fábrica de conserva, pazos, casas grandes ou unha fortaleza medieval converteranse no escenario de formacións galegas e doutras partes do mundo (La Chimera, o Nova Lux Ensemble, Rolf Lislevand, Quadriga Consort, Malandança, Les Sacqueboutiers de Toulouse…). A cita comezará o vindeiro 15 de agosto e desenvolverase ata o 22 de outubro baixo o lema “Novos camiños para a Música”. Como é habitual, o programa ten un apartado formativo que este ano conta con tres obradoiros.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía

Claves

Conceptos