Música no Claustro celebra os seus dez anos

O ciclo de música celébrase en Tui entre o 6 e o 10 de agosto

6/8/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Cinco días de música, exposicións, obradoiros e patrimonio. O ciclo Música no Claustro celebra en Tui, entre o 6 e o 10 de agosto, os seus dez anos de existencia. No programa deste aniversario ten un protagonismo especial a madeira e os instrumentos feitos con este material, cunha mesa redonda sobre o mesmo. O Quinteto inVento, Marçal Font e Ferran Besalduch, Fernando Buide, Anxo Pintos e Ramón Corral, Lulabai, Herbens Consort e Roberto Castro corren coa parte musical do evento. Ademais, no marco do ciclo celébrase o V Ciclo JLMúsica-Dos Acordes no que os estudantes do conservatorio local subirán ao escenario. Un obradoiro de ourivería, visitas nocturnas aos tellados da catedral e varias exposicions completan o programa.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tui, Obradoiro, Exposicións, Catedral...