Herbón acolle a segunda edición de As notas do Pemento

A música clásica e a antiga promocionan este produto no ciclo

4/7/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O tenor José A. Campo con Severino Ortiz ao piano abren hoxe a segunda edición de As notas do Pemento. O Festival de Música de Herbón volta ao convento franciscano cun cartel que inclúe a actuación o vindeiro día 11 de Herbens Consort, grupo residente do evento. O violín de Roberto Alonso con Samuel Diz á guitarra o día 18 e o Grupo de Música Antiga 1500 completan o cartel desta xeira. Os concertos distribuiranse por diferentes espazos do convento, nun ciclo que pretende potenciar o pemento de Herbón mediante a música.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Claves