A Universidade de Santiago prioriza a seguridade nas actuacións sobre os seus bens patrimoniais

A entidade destina 452.000 euros a obras nos edificios históricos da súa propiedade

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

As crise está a provocar que a Universidade de Santiago teña que priorizar os seus investimentos. Deste xeito, a práctica totalidade das actuacións que a institución vai destinar aos seus edificios históricos nos vindeiros dous anos, irán destinadas a medidas urxentes para mellorar a seguridade destes espazos. O Consello de Goberno da USC aprobaba destinar 452.000 euros a actuacións en centros como a Casa da Balconada, o colexio de San Xerome, a sede do Instituto da Lingua Galega, a Biblitoe ca Xeral, ou a Facultade de Xeografía e Historia entre outros. E o Colexio de Fonseca o que leva un maior inevestimento, con 235.000 euros, segudo pola Facultade de Medicina, con 150.000 mil. Mudar instalacións eléctricas e xanelas, instalación de luces de emerxencia, ou reparación de cubertas son algunhas das obras previstas en diferentes edificios.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lingua galega, Xeografía, Medicina, Instituto da Lingua Galega...