Onte deuse a coñecer o fallo da XVII Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente e do Premio Bento Spinoza de ensaio. O xurado do certame, organizado polo Instituto RosalÃa de Castro de Compostela, está integrado por alumnos de Secundaria dos institutos de Melide, A carballeira de Ourense, Aquis Celenis de Caldas de Reis, Enrique Murais da Ponte Nova, Ramiro de Maeztu de Madrid, Santa Comba e o RosalÃa de Castro. Os premiados foron a novela Futuro imperfecto, de Xulia Alonso DÃaz, en lingua galega, Riña de gatos, de Eduardo Mendoza, en castelán, e Brooklin, de Colm TóibÃn, na lingua estranxeira. Merecente do premio Bento Spinoza ao ensaio foi a obra Viaxe extraordinaria ao centro do cerebro, de Jean Didier Vincent, elixida por alumnos do IES Xulián Magariños, de Negreira, o IES Allariz, o IES do Castro, de Vigo, o IES Perdouro, de Burela, e o propio RosalÃa de Castro.