Pedro Armestre gaña a segunda edición do premio "A Imaxe de Galicia"

Amosa a un brigadista durante un incendio forestal

17/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Foto: Pedro Armestre

O reporteiro gráfico Pedro Armestre é o gañador da segunda edición do certame A Imaxe de Galicia, unha iniciativa que premia a mellor imaxe informativa sobre a actualidade galega publicada nos medios durante o 2010. Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio de Xornalsitas e Teresa Porto, directora da Fundación Caixa Galicia, as dúas entidades organizadoras, resaltaron "a capacidade de Armestre para capturar esta imaxe icónica, moi significativa, centrada nunha única persoa fronte a impoñente presenza das consecuencias do incendio". O xurado seleccionou tamén as 50 fotografías que formarán parte da exposición "A imaxe de Galicia 2010" que se exhibirá nas sedes da Fundación Caixa Galicia.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Caixa Galicia, Caixa Galicia, Xosé Manuel Pereiro