Que o arrecendo a Frida Kahlo anegue Compostela durante tres meses non foi cousa doada. O legado da pintora mexicana está catalogado como patrimonio nacional, que fai que o goberno mexicano sexa reticente a prestar material orixinal da artista. Ademais, a súa obra estaba solicitada por múltiples museos de todo o mundo, entre eles, a Tate Modern de Londres. Pero a Fundación Caixa Galicia non se deixou amedrentar por todos os trámites, fixo valer a súa consolidada traxectoria e apostou pola que será a mostra que marque un antes e un despois. Teresa Porto, a directora da Fundación repasa con Culturagalega.org a cronoloxía desa negociación.
A orixe
Teresa Porto explica que a “A idea xorde a finais do 2003, cando Rosario Sarmiento (directora de proxectos culturais da Fundación) ve unha exposición sobre Frida en Milán e propón facer unha mostra similar”. A partir de aí, comeza o traballo de organización. Teresa continúa explicando que “a min, polo cargo que ocupo, comezo en xaneiro de 2004, a facer as negociacións”.
A idea orixinal era facer simplemente unha exposición, co seu correspondente catálogo, que trouxera a obra de Frida Kahlo. Pero as cousas cambiaron co transcorrer dos meses. As principais xestións para abordar todo este traballo partían por negociar co Museo Dolores Olmedo Patino, onde se alberga boa parte do seu legado, e o do seu marido, Diego Rivera.
As negociacións
Pero as negociacións son un camiño duro, lento e moi traballoso. Teresa Porto explica que “todas as xestións fixéronse durante un ano e medio, no que houbo avances, paros, novos avances e novos paros, por iso levou tanto tempo”. Os principais atrancos viñan por cuestións intrínsecas aos trámites habituais da organización dunha mostra como son os temas de negociación, condicións de contratación, as condicións económicas, traslado de obra e mesmo causas externas. “A isto engádese, explica Teresa que a obra de Frida Kahlo está catalogada como patrimonio nacional, por iso, ademais de negociar coa Fundación Dolores Olmedo, había que negociar co propio goberno”. Non foi cousa doada. “Como anécdota, explica Teresa Porto, no meu ordenador cheguei a ter ata quince copias diferentes do contrato, debido aos múltiples cambios e correccións que houbo que facer ata o último momento. E iso que contamos coa inestimable colaboración de Carlos Philips (fillo de Dolores Olmedo e membro da fundación que leva o seu nome)”.
A principal causa externa que atrasou os procedementos foi que, mentres a Fundación Caixa Galicia loitaba por achegar o testemuño de Frida, a Tate Modern Gallery de Londres aparece en escena anunciando a súa intención de acometer unha revisión do mito. De repente, a obra de Frida ten dous apetecedores en Europa. “Entón, apunta Teresa, houbo que engadir outra parte máis á hora de facer negociacións, era a Tate coa que tiñamos que negociar asuntos de tipo económico e técnico”.
Xa na casa
En Galicia “a dúbida estivo entre as sedes de Santiago e a da Coruña que, por cuestións de datas, se descartou completamente”. Deste xeito Teresa Porto explica a elección da sede santiaguesa (Rúa do Vilar, 19) para montar a mostra. “Pensamos que pola propia sala en si, a sede de Santiago encaixaba ben coa obra de Frida Kahlo porque é una obra pequena, de análise, con cadros que precisan moita iluminación para apreciar os detalles”. De feito, o propio Carlos Philips quedou encantado coa sede cando a visitou antes da súa inauguración. “Ademais das condicións de seguridade e exposición, completa Teresa Porto, Santiago é a cidade máis turística de Galicia. Un feito que tamén condicionou a escolla.
Nese momento a idea, xa moito máis perfilada, cambiou de orientación. “Inicialmente centrabámonos na exposición, explica a directora, pero ante o interese dos medios de comunicación, pensamos en facer un programa moito máis completo que incorporara diferentes mostras da arte e da cultura mexicana”. Foi así como se foron configurando os ciclos de música, de cinematografía e de cociña mexicana. Esta tamén é a razón pola que se fixo mercadotecnia, un feito inaudito en toda a traxectoria cultural de Caixa Galicia co interese de que “a xente puidera levar unha mostra dese resultado”. E os resultados non poden ser mellores. En dez días houbo 20.000 visitas e unha cantidade importante de vendas. “As nosas previsións iniciais, estima a directora, era que un 2-3% dos visitantes levaran un pequeno recordo, pero as cifras son claramente superiores”.
Ollar cara adiante
Pero toda a obra de Frida non se podería entender sen a do seu marido, Diego Rivera. “Cando un comeza a entrar no mundo de Frida Kahlo, explica Teresa Porto, descubre que é inseparable do mundo do seu marido, que son dúas dimensións que precisan explicarse xuntas”. Unha afirmación que se traduce en que o equipo de Caixa Galicia está a traballar para traer a obra de Diego Rivera. “Tentaremos que sexa no 2006 e procuraremos traer o seu traballo que nunca saíu de México, que é o Diego de cabalete, certamente diferente do Diego muralista que todos coñecemos”.
“Frida foi o gran proxecto deste ano, e o espello no que se ha de mirar a Fundación Caixa Galicia á hora da súa programación. “Os nosos obxectivos pasan pola promoción da cultura é dúas vertentes, explica Teresa Porto, a da cultura galega e a da cultura en Galicia. Con mostras como esta tentamos cumprir a segunda parte, obra de grandes artistas de primeiro nivel que dificilmente virían a Galicia”. Iso si, sen deixar de dar a coñecer os traballo dos nosos artistas a nivel internacional.